lunes, 22 de octubre de 2012


Introducción a documentación informativa

1. Resumo:

Nesta entradilla procurarase unha recollida de datos sobre a documentación informativa, dende os seus inicios e seus fins ata a súa misión como ferramenta da comunicación. Nesta páxina levarase a cabo a plasmación da busca da información desta materia que estamos a cursar os alumnos de segundo de xornalismo na Facultade das Ciencias da Comunicación co obxectivo de mostrar as bases dunhas ferramentas máis importantes para o xornalismo, a documentación.

2. Palabras Clave:

Xornalismo, documentación, información, búsqueda, veracidade, medios de comunicación, fontes, ciencia.

3. Introducción e concepto:

No sentido estrito a documentación poderíase definir como a ciencia do procesamento de información que se proporcione algo con un fin determinado, sendo unha ciencia auxiliar e instrumental, seguindo a Fuentes i Pujol. Tamén, é considerada como unha ciencia, neste caso unha ciencia documental, á vez que unha disciplina, non só unha técnica como consideraban distintos autores como Juan Ros Gacía ou José López Yépes. A documentación é unha disciplina que emerxe a finais do século XIX. Un século que está marcado polo positivismo, ciencia que estudia os coñecementos empíricos dos fenómenos naturales. A documentación como xa dicimos, é unha ciencia informativa de carácter social cunha función mediadora entre o creador da información e o receptor da mesma. A ráiz latina do termo ven de “docere” (ensinar).
En 1895 os belgas Paul Otlet e Henri la Fontaine fixeron cos seus traballos que “Documentación” tivese o recoñecemento de unha disciplina considerada científica e autónoma.

A documentación é mellor naquel intre que é a colección dos propios exemplares do xornal aínda qu as biografías teñan a súa relevancia. O interese polos antecedentes da información aparece á vez que a difusión de noticias a través dos medios de masas.

Os primeiros medios de comunicación, contaban ca súa propia biblioteca ou con fotograbados, coa introducción da máquina de escribir xa no século XX comezou o uso dos arquivos como a aparición dos dossiers e dos índices. A partir de 1960 redúcese o volume da información pero non se encontra mellora da clasificación nin o acceso a ela. Co continuo crecemento e mecanización pódese contar cos ordenadores, así como a gran evolución do microfilm. Pero o gran salto observase nas últimas décadas, a información pode ser gardada e clasificada mediante a xestión electrónica do documento, as edicións xornalísticas en CD-ROM... Pero co cambo de século prodúcese o camiño as telecomunicacións, falamos da web 2.0, materia máis recente da documentación. Aínda que se multiplicaran as fontes que as comunidades de usuarios marcan a pauta do interese, sufrimos a dificultade de procesar e arquivar tanta documentación como a que hai existente e con dispoñibilidade en internet.
Finalmente, para diferentes autores a documentación informativa é:

López Yepes, José: La sociedad de la documentación. “Documentación es la ciencia general que tiene por objeto el estudio del proceso de comunicaión de las fuentes documentales para la obtención de nuevo conocimiento”

Otlet define parte de lo que serían las tareas futuras de la documentación en su obra Tratado de Documentación:  ”Registrar la producción intelectual de la Ciencia para establecer su inventario; establecer un sistema de indización que permita la recuperación dentro de esa producción inventariada; permitir el conocimiento rápido del momento de desarrollo de cualquier avance científico para evitar la duplicación de saberes e investigaciones...”

Galdón López, Gabriel plantea a documentación periodística como un subapartado da documentación informativa. Ten como obxecto cubrir as necesidades dos informadores, e a través de eles, as necesidades dos destinatarios da información e da documentación periodística.

Ángeles López HernándezLa documentación, herramienta básica del periodista y el comunicador. à Documentación nos enseña a clasificar, organizar, resumir y extraer las palabras claves (indización) de los mensajes de forma eficiente y útil, facilitando y agilizando la recuperación de las informaciones en el momento preciso, cuando son necesarias para el desarrollo del trabajo.

Codina, " Conjunto de ciencias y técnicas documentales al servicio de producción de informaciones de actualidad; el incremento de su almacenamiento y conservación; su difusión y reutilización".

4. Principios:

Os principios que rixen a documentación nos medios foron expresados por Gabriel Galdón.

Principios Teolóxicos:

  • Principio verificativo: A causa orixinaria fundamental da actividade documental xornalística, pola cal esta se orienta cara a consecución da verdade informativa mediante a comprobación da veracidade.
  • Principio explicativo: A causa final específica da actividade documental xornalística, pola cal esta se ordena cara á inteleción da verdade informativa mediante a valoración e potenciación da comunicabilidade.
  • Principio editorial: Constitúe unha perspectiva adicional das dúas anteriores recollendo a entidade ideológica e a formal.

Principios formais e circunstanciais.

  • Principio de perduravilidade: A razón formal da actividade documental xornalística, que tende a fixar a utilidade futura e o grao de permanencia dos textos e referencias na elaboración da información xornalística.
  • Principio de adecuación funcional: A regra metodolóxica na actividade documental xornalística pola cal esta se orienta ó tratamento específico que precisa cada tarefa e medio documental, de acordo ca súa natureza e función que realiza.
  • Principio limitativo: O conxunto de circunstancias reais da actividade documental xornalística, que limita o seu exercicio e emprego de medios.

5. Característica da información da actualidade

As principais características da información de actualidade dende a perspectiva do traballo documental son expostas por Amat  e Blasco:
1.                         Coincidencia episódica. As mesmas novas son outorgadas por todos os medios diarios nas mesmas datas e posteriores, así como nas revistas xerais nas súas datas de publicación e nos espacios informativos non diarios dos medios audiovisuais. A causa é a dependencia dos medios das axencias e, sobre todo, dos produtores dos feitos que se constitúen en noticia e nunha interpretación coincidente das espectativas da audiencia.
2.                         Redundancia cíclica. A actividade xornalística céntrase na cobertura dos feitos contemporáneos. Como a actividade humana é recurrente, o tratamento dado a esta cobertura tamén o é. Determinados acontecementos teñen unha frecuencia diaria (bolsa), outros semanal (reunión do consello de ministros), outros mensual (IPC, datos do desemprego), trimestral (grandes operacións de tráfico) ou anual (Óscars de Hollywood).
3.                         Efecto Mateo. "Moitos son chamados e poucos os elixidos". Unhas poucas personaxes polarizan o interés dos medios e aparecen nomeados en moitas novas mentras que moitísimas personaxes aparecen citados polos medios poucas veces, co conseguinte desequilibrio para o tratamento da información relativa ás persoas.
4.                         Multiplicidade de soportes. Teletipos, noticias imprimidas, comunicados de prensa, grabacións radiofónicas, materiais visuais e audiovisuais.
5.                         Fragmentación da mensaxe. As mensaxes informativas transmítense fragmentadas polo ritmo de captación dos acontecementos diferentes ó da publicación e edición dos medios.Estes, ademais,  adoitan empregar unha estrutura en forma de tríptico: Previo (anuncio, antecedentes, previsión) - Noticia - Reacións (Valoración, matización, contexto...) que, á súa vez, pode continuar xerando novas noticias.
6.                         Latencia. A información de actualidade caduca aparentemente, pero calquera feito pechado pode reabrirse e pode devolver o protagonismo a personaxes e feitos con independencia da súa antigüidade.
7.                         Documentos compostos. Textos con fotografías e gráficos, por exemplo, plantexan dificultades de organización documental e de deseño das ferramentas de recuperación documental.
8.                         Lei do mínimo esforzo. A premura de tempo coa que se adoita traballar vai en detrimento de respostas e tratamnentos da información elaborados.
9.                         Estratificación de usuarios e empregos. Se traballa para usuarios moi diferentes na súa especialización e nos seus obxectivos.
10.                     Relatividade de significado. Os documentos xornalísticos cambian o seu significado nos distintos contextos e admiten interpretacións diversas por parte dos usuarios. Na información audiovisual isto é especialmente significativo. Os datos sobre roubos de coches son interesantes para un redactor de sucesos e para un redactor das páxinas de economía. Ó primeiro interésalle a evolución dos acontecementos delitivos, ó segundo a súa repercusión no usto dos seguros automobilísticos. 
Habería que engadir unha última característica do discurso informativo: a omisión. Os textos xornalísticos omiten sempre información, voluntaria ou involuntariamente.

6. Funcións:

A Documentación informativa conta cunhas funcións básicas:

  • A verificación da exactitude da información e corrección de datos: problemas ortográficos, dúbidas idiomáticas, precisión nas datas,etc.
  • Contextualización ou utilización de datos complexos, cronoloxías, dossiers temáticos…capaces de apoiar a información á que servirán como complemento, interpretación, síntese ou comentario.
  • Apoio visual da información, referíndonos con isto a fotografías, gráficos, mapas…No caso da documentación televisiva, empregaríamos planos recurso.
  • Investigación,  preparar o seu propio material que le dará el medio.




7. Finalidade

Según Paul Otlet, seus fins son os de analizar e ordenar os documentos adquiridos para podelos recuperar, xeralos documentos secundarios como as bibliografías, conservar todo o pensamento humano e finalmente realzar o proceso con suma rapidez.

A Documentación Informativa trata de buscar a verdade informativa, non só aquello que nos interese. Cando buscamos documentación hai que ser conscientes de que poden aparecer datos que contradigan as nosas hipótesis, e que sempre hai que estar en guardia para non caer no aforismo que di “non deixes que a realidade estropee unha boa nova”.

A documentación é a disciplina que se encarga da selección, análise, recuperación e difusión dos documentos co obxectivo de poder facilitar información ós usuarios. A documentación na práctica é:
Saber buscar. Saber identificar. Saber seleccionar. Saber clasificar.

8. Centro de documentación de un medio: funcións, características e fins 

Eulalia Fuentes i Puyol sintetizou as funcions dos centros de documentación dos medios en tres principales:
Proporcionar fontes concretas para comprobar rápidamente un feito ou un dato.
Dispoñer de material suficiente para situar os distintos temas no seu contexto.
Actuar como fontes de inspiración para novas ideas ou enfoques sobre temas xa tratados.
No centro de información desenvolvense unha serie de operacions básicas que teñen como obxetivo poner á disposición dos usuarios as bases de datos de fácil acceso:
Selección de documentos.
Análisis dos documentos seleccionados (descripción, clasificación y resumen).
Establecemento de sistemas de recuperación de documentos.
O fin básico de este centro de comunicación suporá o aforro así como de traballo, de esforzo e diñeiro.

9. Mapa conceptual

Documentación:
RECOMPILAR à ALMACENAR à ANALIZAR à DIFUNDIR

PRINCIPIOS

Teolóxicos:
·            Verificativo
·            Explicativo
·            Editorial
Formais e cincurnstanciais:
·            Perdurabilidade
·            Adecuación funcional
·            Limitativo

CARACTERÍSTICAS ACTUALIDADE
       I.      Coincidencia episódica
    II.      Redundancia cíclica
 III.      Efecto Mateo
 IV.      Multiplicidade de soportes
    V.      Fragmentación da mensaxe
 VI.      Latencia
VII.      Documentos compostos
VIII.      Lei do mínimo esforzó
 IX.      Estratificación de usuarios e empregos
    X.      Relatividade de significado

Funcións:
·         Verificación
·         Apoio visual
·         Contextualización
·         Investigación


10. Bibliografía


Valle Gastaminza, Félix del. “Principios de la Documentación del trabajo informativo”. Análisis y tratamiento documental en medios de comunicación impresos en la era digital. Universidad Complutense de Madrid.

Cabrera Méndez, Margarita. “Introducción a la documentacion informativa” . Departamento de Comunicación Audiovisual, Documentación e Historia del Arte. Centro Universidad Politécnica de Valencia.

GALDÓN, Gabriel: Teoría y práctica de la documentación informativa. Barcelona, ARIEL COMUNICACIÓN, 2006.

-Bas Martín,Nicolás “La documentación informativa en el nuevo espacio europeo de educación superior:Reflexiones desde la didáctica”.Universidad Jaume I de Castellón.Departamento de Traducción y Comunicación